A INCREÍBLE HISTORIA DA NENA PAXARO E O NENO PAXARO TERRIBLE
Unha historia para reflexionar sobre a importancia do afecto e que axuda a ver detalles que poden pasar inadvertidos, pese a que forman parte da personalidade de todos os individuos.
A ausencia do nome, como no caso do protagonista, repercute na identidade, porque acaba interiorizando o adxectivo negativo que lle repiten decote. O galopín, reprendido unha e outra vez, só descobre o afecto cando observa o amor con que as demais nais tratan os seus fillos; nese intre recoñece un afecto que nunca tivo como unha necesidade primaria, imprescindible para sobrevivir.
Como Cósimo, o barón rampante de Calvino, o protagonista toma desde as alturas certa distancia cun mundo que non comparte, que lle aporta liberdade e una perspectiva nova da realidade, das persoas e dos acontecementos desde a que se reconstruír el mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario