sábado, 1 de marzo de 2014

PINTORAS GALEGAS, HOMENAXE


Especial homenaxe  a "Escola da Doloriñas" de Julia Minguillón,  unha das obras máis fermosa desta pintora lucense de principios de século. Fun afortunada ao ter como profesor de plástica a un grande artista Carlos Pardo Teijeiro, que non só me transmitiu a sensibilidade e aqueles momentos q compartiu con nós, e  q gardo "cariñosamente"na retina... pasei moitas tardes mirando esa obra, descubrindo pequenos detalles, ..."reinterpretando" o q nos podía transmitir...
Outras artistas q aparecen son  Carme Rodríguez de Legísima (1896 -1980);  Concha Vázquez Martinez ( 1906.-1971);  Elvira Santiso Garcia (1872-1961 ); María Antonia Dans Boado (1927-1988), na que hai moita obra espallada polo seu concello Curtis-Teixeiro;  María Carmen Corredoira (1893 - 1970); e Mercedes Ruibal Argibay (1928 - 2003) q xa ven dunha saga de artistas, a súa nai coñecida coma Yoya, era pintora naif.
Podedes obter máis informacion nesta web: Pintores/as Galegas

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Licencia de Creative Commons
ORIENTACIÓN EDUCATIVA Y TUTORÍA by http://orientacioneducativaytutoria.blogspot.com/ is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 3.0 Unported License.